Visitas guiadas ao Monte de Santa Trega durante as fins de semana e festivos ata o 1 de outubro

7 de xullo de 2017·Por A Guarda Turismo2 minutos de lectura
Noticias Turismo

Aqueles interesados en coñecer os valores arqueolóxicos, relixiosos, patrimoniais e paisaxísticos do Monte guardés poderán presentarse no Museo Arqueolóxico, dende onde partirán as visitas guiadas organizadas polo Padroado Municipal durante as fins de semana e días festivos dos meses de xullo, agosto e setembro. As visitas comezan ás 12:30 e 17:00 Ler máis

Aqueles interesados en coñecer os valores arqueolóxicos, relixiosos, patrimoniais e paisaxísticos do Monte guardés poderán presentarse no Museo Arqueolóxico, desde onde partirán as visitas guiadas organizadas polo Padroado Municipal durante as fins de semana e días festivos dos meses de xullo, agosto e setembro.

As visitas comezan ás 12:30 e 17:00 horas e terán unha duración de 90 minutos, cun percorrido que comeza no Museo e continúa o descenso a pé ata o Castro de Santa Trega. Ademais realizaranse visitas guiadas centradas unicamente no Castro, cunha duración de 30 minutos e con saída ás 16:00 horas desde o asentamento castrexo.

As visitas guiadas son gratuítas e non precisan de inscrición previa, de maneira que os interesados deberán presentarse á hora de comezo da visita nos puntos de encontro sinalados para cada percorrido.

Os grupos de máis de 10 persoas poderán realizar visitas concertadas baixo reserva previa no MASAT (no teléfono 986 610 504 ou en masat@aguarda.es), sempre que non coincidan cos horarios das visitas regulares.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese