Xornada de Portas Abertas no Museo Arqueolóxico do Monte Trega na Guarda

16 de maio de 2022·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias MuseosNoticias Turismo

O Monte Santa Trega celebra este mércores 18 de maio o Día Internacional dos Museos cunha xornada de portas abertas na que os visitantes poderán acceder á montaña de forma gratuíta e visitar o MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega, no seu horario habitual de 10:00 a 20:00h. O Ler máis

O Monte Santa Trega celebra este mércores 18 de maio o Día Internacional dos Museos cunha xornada de portas abertas na que os visitantes poderán acceder á montaña de forma gratuíta e visitar o MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega, no seu horario habitual de 10:00 a 20:00h.

 

O Monte Santa Trega volverá ter visitas guiadas este verán, pero como novidade comezarán as fins de semana de xuño.

 

Quen visita o Monte Santa Trega pode coñecelo con máis detalle escoitando as audioguías dispoñibles en varios idiomas. Están dispoñibles en YouTube só busca as audioguías do Monte Santa Trega e poderás escoitar as 12 pistas que achegan tanto información do Castro de Santa Trega como da Ermida, a paisaxe,… Sen contar que unha das pistas corresponde ao MASAT, un espazo interesante para visitar e coñecer mellor a cultura castrexa-romana e as pezas atopadas nas diferentes escavacións como as moedas, as obras e o Cabezón do Trega, as últimas pezas incorporadas á exposición do MASAT.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese