A cita gastronómica terá lugar os días 6, 7 e 8 de xullo no porto da Guarda cunha aposta pola gastronomía local e un completo programa de animación. A gran calidade da gastronomía guardesa permitiu ampliar a oferta de pratos mariñeiros e así todos os visitantes poderán coñecer os excelentes Ler máis
A cita gastronómica terá lugar os días 6, 7 e 8 de xullo no porto da Guarda cunha aposta pola gastronomía local e un completo programa de animación.
A gran calidade da gastronomía guardesa permitiu ampliar a oferta de pratos mariñeiros e así todos os visitantes poderán coñecer os excelentes produtos do mar e, como non, o bo facer dos restauradores guardeses. Dende o 2007 a festa da Lagosta converteuse na Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira.
A festa celébrase na chaira do porto baixo unha carpa de 1.000 metros cadrados. Os comensais poden degustar a lagosta e demais produtos comodamente en mesas e cadeiras.
Tres restaurantes ofrecen a lagosta cocida ou á prancha. E como en edicións anteriores a lagosta será a protagonista en máis de 20 pratos mariñeiros: nécoras, percebes, camaróns, polbo, empanadas e así ata os 20 pratos mariñeiros.
Dende a primeira edición a sobremesa estrela que acompaña a lagosta é a rosca de xema, sobremesa típica da Guarda creada en 1953 por un pasteleiro guardés. Outros produtos son as filloas, tartas, etc.
Tamén é importante o viño da Denominación Rías Baixas xa que o viño Albariño e de O Rosal combina perfectamente coa nosa gastronomía.
Os restaurantes e demais expositores ocupan postos diferenciados na carpa. A venda é directa nos propios stands polo que non é preciso adquirir tickets previamente. Tan só hai que escoller entre a gran variedade e calidade das propostas.

EXCELENTE GASTRONOMÍA CO MELLOR ENTRETEMENTO
Esta edición destaca o pregoeiro galego de proxección nacional: NANCHO NOVO. Actor, humorista e cantante da Coruña moi recoñecido en pantalla como en teatro. O seu debut como actor profesional foi en 1988 no teatro de Madrid e continuou a súa carreira alternando traballos no teatro, cinema, series televisivas como “Fariña” e tamén como colaborador na radio pero este galego segue apoiando a súa terra.
Como é habitual a lectura do pregón terá lugar a noite do venres 6 de xullo na Praza do Reló ás 21.00 h sendo o primeiro acto da festa. Coa lectura do pregón convídase a todos os veciños da Guarda e da comarca e, por suposto, aos visitantes e turistas que nos visitan nos seus días de vacacións. Grazas á excelente habilidade humorística de Nancho Novo está asegurado que o seu pregón fará as delicias das autoridades e público presente.
Tras o pregón procédese á apertura da carpa na chaira do porto e os interesados poderán degustar da gastronomía guardesa. Ademais o noso pregoeiro, NANCHO NOVO actuará ante o público na propia carpa ás 22.30h co seu espectáculo “O Cavernícola”. Obra desternillante e intuitiva sobre o xeito no que se relacionan os homes e mulleres. Esta é a súa versión da mítica obra de Broadway e de gran éxito no teatro de Madrid coa que leva máis de 1.200 funcións.
Unha novidade para esta edición e dedicar a noite do venres á música tradicional con serán mariñeiro onde máis de 10 grupos tradicionais e pandereteiras amenizarán unha noite diferente a partir das 23.30h.
Como ven sendo habitual a música galega estará presente co grupo tradicional A BOALLEIRA que nolo anunciará a festa durante as mañás e farán a apertura da carpa. Para amenizar a quenda de comidas contaremos coa música pop-rock do grupo ACEVEDOS DELGADOS que ofrecerán versións e temas propios.

Planifica a túa visita á Guarda
Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese