As mellores praias fluviais (tipo ruta)

As mellores praias fluviais (tipo ruta)

[by] A Guarda Turismo
4 [days_plural]

Na privilexiada contorna natural da desembocadura do Miño, localízanse estas catro praias nos dous últimos quilómetros do río formando unha bela unidade.

Estas praias, cunhas vistas inmellorables cara a Portugal, teñen características oceánicas coa marea alta e fluvial coa marea baixa. Están enmarcadas por un piñeiral que ofrece lugar de descanso e sombra para os días calorosos de verán.

Destaca a praia do Muíño por atoparse xusto na desembocadura do Miño e polos seus servizos. Dende esta praia comeza a Senda Litoral e o Sendero Azul e transcorre a ruta PR-G160 Desembocadura do Miño.

[route_highlights_title]

  • Vistas inmellorables cara a Portugal
  • Contorno natural da desembocadura do Miño
  • Comeza a Senda Litoral e o Send Pxxeira e transcorre a ruta PR-G160
1

Praia O Muíño

Esta é a última praia antes que o Miño verque as súas augas ao océano. Dispón de balizamento, ducha, aseo e servizo de socorrismo. É candidata a Bandeira Azul como praia accesible.

2

Praia A Lamiña

Esta praia atópase rodeada dun piñeiral que facilita a sombra ou un paseo. Conta con balizamento, ducha e aseo no seu inicio.

[route_featured_places_title]

3

Praia A Armona

Esta praia conta cunha pequena zona de descanso. Ademais de balizamento, ducha e aseo no outro extremo.

[route_featured_places_title]

4

Praia O Codesal

Areial enmarcado nun espazo de gran valor ornitolóxico por ser un lugar habitual de alimentación das aves.

[route_featured_places_title]