PR-G160 Ruta Desembocadura do Miño

PR-G160 Ruta Desembocadura do Miño

[by] A Guarda Turismo
2 [hours]

A ruta sinalizada de 7km no seu percorrido principal. Comeza a poucos metros da igrexa parroquial de Salcidos dirixíndose cara á ribeira do Miño onde se localizan os observatorios de aves e concéntranse gran parte das aves que habitan ou invernan no estuario.

O imprescindible

  • Estuario do Miño
  • Praia O Muíño
  • As Docks (Patrimonio Mariñeiro)
  • Zona de descanso do Puntal
1

Explora a desembocadura do Miño

Percorre a marxe dereita do río empregando antigas sendas ata a súa desembocadura na praia de O Muíño e continúa pola costa atlántica percorrendo parte da senda Litoral. 

Posúe unha gran riqueza natural pola diversidade de flora e fauna, de elementos etnográficos como os fornos cerámicos, as pesqueiras, as salinas da desembocadura ou os muíños de vento na costa. Distintos paneis interpretativos distribuídos ao longo da ruta permiten identificar e coñecer todos estes valores. 

Explorar máis rutas